A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu á clausura da última edición do curso que promove Cangas con fondos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este venres o obradoiro Granxa da Rúa XIII que permitiu formar durante o último ano a 20 persoas desempregadas e confirmou un investimento de 423.119 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para reeditar unha edición máis o curso.
A representante autonómica, que estivo acompañada polos alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, animou aos participantes a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo. “A formación que recibides durante o último ano son unha ventá ao mercado de traballo e tanto a comarca como o resto de Galicia, a sociedade e as empresas, necesitan xente formada, aí é onde tedes a vosa oportunidade”, destacou.
Ortiz destaco que os participantes reicibiron formación en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes e en operacións de vixilancia e extinción de incendios, de forma que traballaron en repoboacións forestais e formación adicada aos traballos de prevención e extinción de incendios forestais.
Os traballos leváronse a cabo en terreos forestais de titularidade das Comunidades de Montes Veciñais en man común de Darbo (Santa Marta, Devasa norte Varalonga, Fornelos, Monte Carrasco e Souto Pedra Cabalgada), Hío (Barra-Viñó, Nerga, vilariño-Varalonga) e Coiro (Muiño do Fausto, Monte do Mato alto, Monte do Mato baixo, Monte pequeno, Monte, Ceboleira, fonte da Coviña e Monte dos Lagos).