Entre septiembre y diciembre de este año se prevén llevar a cabo siete nuevos talleres formativos con temáticas de actualidad como la inteligencia artificial y su impacto en la equidad de género así como diez cursos en materia de equidad en el trabajo

Con esta nueva formación, se estima llegar a finales de 2025 con cerca de 140 acciones formativas impartidas desde el nacimiento del campus en el año 2021

En el primer semestre de 2025 se adhirieron a esta plataforma más de 800 personas y se desarrollaron 25 acciones formativas

Esta plataforma de formación online forma parte de una amplia batería de medidas entre las que destacan otras como la primera estrategia gallega de empleo femenino en sectores masculinizados en la que trabaja el Gobierno gallego

O Campus en liña de igualdade laboral, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración reforzará desde setembro a súa actividade con accións formativas novidosas das que se poderán beneficiar as máis de 8.000 persoas adheridas a este espazo dixital de formación dirixido a formar e sensibilizar na igualdade laboral efectiva entre mulleres e homes a través de accións gratuítas.

Neste sentido, entre setembro e decembro deste ano prevense levar a cabo sete novos talleres formativos con temáticas de actualidade como a formación nas empresas con perspectiva de xénero, a Intelixencia Artificial e o seu Impacto na equidade de xénero, medidas e recursos para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI, a mellora das condicións de traballo mediante o plan de igualdade ou a prevención de riscos laborais e perspectiva de xénero, entre outros aspectos.

Tamén se realizarán un total de 10 edicións de distintos cursos formativos como o básico e o avanzado en igualdade laboral, o teórico-práctico para a protección integral fronte ao acoso no traballo, o curso sobre a discriminación por xénero e o curso práctico sobre a valoración de postos de traballo e o rexistro e auditoría retributiva. Con esta nova formación, estímase chegar a finais de 2025 con preto de 140 accións formativas impartidas desde o nacemento do campus no ano 2021.

Entre ese ano e o primeiro semestre de 2025 desenvolvéronse no Campus en liña de igualdade laboral 120 accións formativas. Nos participantes destacan as persoas traballadoras por conta allea, as categorías laborais máis representativas son as de persoal técnico, directivo ou administrativo e a maioría das persoas usuarias pertencen, fundamentalmente, aos sectores de servizos profesionais, agroalimentario e industrial.

Primeiro semestre de 2025

En relación ao primeiro semestre de 2025, hai que destacar que neste tempo se adheriron a esta plataforma máis de 800 persoas e desenvolvéronse 25 accións formativas -16 cursos e 9 talleres-. Neste sentido, do curso básico de igualdade laboral realizáronse tres edicións, do avanzado dúas e do teórico-práctico para a protección fronte ao acoso no traballo tiveron lugar cinco edicións. Ademais, impartíronse catro edicións da formación sobre a discriminación por xénero e dúas do curso práctico sobre a valoración de postos de traballo e o rexistro e auditoría retributiva.

En canto aos talleres formativos, nos seis primeiros meses do ano tiveron lugar nove nos que se abordaron temáticas como a orixe sociocultural das diferenzas de xénero, o fomento da presenza de mulleres nas empresas técnicas, tecnolóxicas e outras áreas como a ciencia, a enxeñería e as matemáticas ou o plan de igualdade. Tamén se trataron aspectos como a aplicación da perspectiva de xénero no proceso de selección e a contratación nas empresas e novidades xurisprudenciais sobre igualdade laboral, entre outros.

Medidas en prol da equidade laboral entre homes e mulleres

Esta plataforma de formación online forma parte dunha ampla batería de medidas entre as que salientan outras como a primeira estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados para promover o liderado das mulleres na que traballa o Goberno galego. Neste mesmo eido destacan os 1,7 M€ para promover a presenza feminina en sectores masculinizados dentro do programa Galicia Emprega 2025 (case 20 M€) e tamén con outra partida específica para mulleres (7M€).

Loading...