CURRICULO EUROPEO
CURRICULO EUROPEO FRANCÉS
CURRICULO EUROPEO ALEMÁN
CURRICULO EUROPEO PORTUGUÉS
CURRICULO FUNCIONAL
CURRICULO CRONOLÓXICO
COMO ELABORAR UN CURRICULO
INTRODUCIÓN
Se buscas traballo ou queres, simplemente mellorar a túa situación laboral é fundamental que dediques tempo para elaborar o Curriculum vitae e carta de presentación.
O feito de que o currículo teña un contido acertado, unha boa presentación e unha correcta selección do destinatario vai determinar o éxito do mesmo abrindo as portas a unha entrevista de traballo e a unha predisposición positiva por parte do entrevistador.
O primeiro que hai que saber, que é un currículo e para qué serve?
- O termo Curriculum vitae, procede do latín e o seu significado é “carreira da vida”. Iso supón que en poucas liñas temos que indicar de forma breve, clara e ordenada o noso perfil profesional e persoal e, debe captar a atención e o interese da persoa que vai facer a selección das persoas e así, posibilitar una entrevista posterior.
- A elaboración de un currículo e unha etapa importante en toda busca e avance da situación laboral ten que elaborarse adaptado para cada posto de traballo, mencionando os coñecementos e experiencias que se axusten ás necesidades do posto que se aspira a ocupar.
MODELOS DE CURRÍCULUM VITAE
Podemos destacar tres tipos segundo a súa narración:
- Cronolóxico
- Progresivo
- Inverso
- Funcional
- Combinado
a.Cronolóxico: é o mais tradicional, e dentro del pódense distinguir dous tipos que comentaremos a continuación.
- Progresivo
Este tipo de currículo organiza a información cronoloxicamente, partindo dos logros mais afastados ata finalizar polos máis recentes, polo que é fácil de interpretar para o lector
O aspecto positivo deste currículo é que da importancia á estabilidade e á evolución ascendente da túa carreira. Destaca a promoción, o aumento de tarefas ou os ascensos na escala profesional.
Polo tanto, este modelo é recomendable si o interesado dispón dunha boa experiencia laboral, e non ter demasiados cambios de traballo, nin grandes períodos de tempo nos que permaneceu parado. Tamén é interesante si é conveniente destacar algunha empresa recoñecida na que se traballou.
Por outra banda, tamén deixa patente nunha simple ollada si o interesado tivo algún período de inactividade ou si existiron cambios frecuentes no lugar de traballo. Isto obriga frecuentemente a dar moitas explicacións ou ata encher os ocos con información que non ten importancia para o posto traballo ao que un se presenta, polo que pode ser recomendable facer un currículo cronolóxico inverso ou ben funcional.
- Inverso
Este tipo de currículo organiza a información cronoloxicamente, destacando en primeiro lugar os últimos logros e a ocupación máis recente, para ir avanzando na experiencia anterior.
É unha presentación menos tradicional, pero que cada vez é mais preferible nas empresas. A principal vantaxe é a que resalta as experiencias mais recentes que, indubidablemente son as que mais interesan ás persoas que van a contratar.
• Vantaxes do currículo cronolóxico:
- Se trata do formato mais tradicional e aceptado pola maioría dos departamentos de selección.
- É doado ler e entender, xa que está fortemente estruturado.
- Resalta a túa estabilidade laboral e o aumento das responsabilidades ou as promocións.
- Describe as túas funcións e logros no posto de traballo.
• Inconvenientes do currículo cronolóxico:
- Resalta os cambios de traballo así como a falta de ascensos ou cambios de responsabilidade e os períodos de inactividade.
- Pode focalizarse demasiado na idade de cada un.
- Amosa a falla de reciclaxe ou actualización da formación.
Pode atopar modelos de curriculum vitae cronolóxico na páxina web do Servizo Público de Emprego de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/demandante/curriculumVitae/
Dentro do Curriculum vitae cronolóxico podemos citar ao Curriculum vitae europeo ou C.V. Europass que é un Curriculum vitae feito pola Unión Europea e no que tes a posibilidade de presentalo en papel ou en formato electrónico. O modelo póde atoparse no enlace seguinte:
http://europass.cedefop.europa.eu/en/documents/curriculum-vitae/examples
b. Funcional: esta modalidade destaca máis os tipos de traballo realizados, as áreas de dominio e os coñecementos e aptitudes do candidato.
A diferenza do currículo cronolóxico, o funcional distribúe a información por temas. De esta forma, permite proporcionar un coñecemento rápido da formación do interesado e experiencia nun ámbito determinado. Ademais, o non seguir unha progresión cronolóxica, permite seleccionar os puntos positivos, destacando as habilidades propias e logros conseguidos, o tempo que se omiten os non desexados: erros de percorrido, períodos de paro, cambios frecuentes de traballo sen promoción.
Tendo en conta o dito, o modelo funcional é oportuno utilizalo cando:
- Non se ten unha carreira claramente progresiva.
- Se quere acceder a un sector profesional totalmente diferente, para o cal non é relevante a experiencia persoal e experiencia laboral anterior, senón as habilidades, capacidades, ou a forma de traballar.
- Se leva tempo sen traballar e pensa incorporarse de novo ao mundo laboral, ou ben si acaba de terminar a súa formación e non ten apenas experiencia que acreditar ou si cambia a miúdo de posto de traballo.
- Se traballara como empresario, autónomo o freelance.
- Ou cando teña unha gran experiencia profesional e careza de formación académica suficiente.
• Vantaxes do currículo funcional:
- Se centra nas túas capacidades e habilidades, antes que nas túas circunstancias laborais.
- Favorece no caso no que queira pasar desapercibidos períodos de inactividade ou lagoas de formación.
- Permite moita mas flexibilidade e liberdade na organización da información dos teus logros e habilidades, e ademais facilita a inclusión doutra información relacionada como intereses ou motivacións.
- É especialmente útil para usarse con as novas tecnoloxías.
• Inconvenientes do currículo funcional:
- Podes non resalta o nome das empresas para as que traballaras nin o tempo que estiveras en cada lugar de traballo.
- Limita a descrición do posto e as súas responsabilidades.
Pode atopar modelos de Curriculum Vitae funcional nos PDF que achegamos.
c. Combinado: é unha síntese dos dous anteriores.
É o mais completo dos tres modelos, pero, tamén é o mais complexo de elaborar. A grandes liñas, o currículo combinado é unha mestura do cronolóxico e do temático. Parte sempre do modelo funcional, organizando a información por áreas temáticas ou profesionais, para chegar despois á organización no tempo. Destácanse as habilidades que posúe o interesado á vez que se reflicte a experiencia e a formación.
• Vantaxes do currículo combinado:
- Destaca de forma clara as túas capacidades e os teus logros, xunto coa túa experiencia e formación.
- Permite moita flexibilidade e creatividade
- Axuda a non pasar desapercibido se queres presentarte a un posto de traballo concreto.
• Inconvenientes do currículo combinado:
- Non é un bo formato para presentalo nos lugares que piden formularios estándar,como por exemplo, nas webs de emprego en Internet.
- Necesitas un currículo diferente para cada posto de traballo o que optas e isto require tempo.
Hai que escoller o modelo de currículo segundo o que se pretenda, e segundo a situación na que se atope cada quén. Aínda que é esencial expresar o obxectivo, aptitudes e logros. O obxectivo debe estar en calquera tipo de currículo. Os logros confirman as aptitudes. O currículo que posúe estes encabezados, xeralmente responde ó funcional ou o combinado.
Atopar o emprego idóneo depende de moitas cousas: investigar o mercado,redactar o mellor currículo, darlle vida a imaxe que transmite o currículo mediante a aparencia, modo de falar,de vestir e de presentarse á persoa que fai facer a entrevista.
Todos necesitamos un currículo, xa que nunca se sabe en qué momento xurdirá unha oportunidade de mellora, e esta é a primeira forma de facernos publicidade a nos mesmos.
ESTRUTURA DO CURRICULUM VITAE
Un Curriculum vitae debe estruturarse dun xeito lóxico independentemente da modalidade elixida en función das nosas necesidades nese intre.
En calquera dos casos deberán constar como mínimo tres apartados:
- Datos persoais
- Formación académica
- Experiencia profesional
E a maiores pódese incorporar formación complementaria, datos de interese, ou ben, no caso de que sexa funcional, resumo do seu historial (recolle os coñecementos e aptitudes en tres ou catro liñas) e as principais áreas de experiencia.
Datos persoais
- Nome e apelidos
- Enderezo
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico (se se ten)
- Data e lugar de nacemento
Formación académica
- Haberá que indicar en primeiro lugar a titulación ou titulacións oficiais ou privadas, especificando; nome da titulación, entidade que a impartira, datas de a localidade. Para detallar esta información con precisión, sería conveniente ter a titulación diante.
- No caso de ter estudos superiores (Universidade) non fai falta que faga referencia a os seus estudos de EXB, ESO, BUP;…
- No caso de ter un Máster ou un curso de Posgrao podería incluílo a maiores neste apartado.
Experiencia profesional
- a. Este apartado é moi importante naquelas empresas ou entidades que soliciten que o candidato teña experiencia.
- Pódese incluir experiencia laboral:
- obtida ben traballando por conta propia ou ben traballando por conta allea.
- prácticas en empresa que se realizaron durante os estudos académicos.
- É imprescindible indicar:
- Nome da empresa
- Datas da alta e da baixa
- Sector ó que pertence ou a actividade económica
- Posto ocupado
- Funcións realizadas e todo o relacionado coas mesmas, como por exemplo se tivo persoas ó seu cargo, ou si realizou proxectos importantes
Pódense incluír, a maiores outros apartados como:
- Formación complementaria, oonde se recollerán cursos de: especialización, idiomas, informática,… E deberase seguir a mesma estrutura da formación académica á hora de presentalos (nome do curso, centro que onde se impartiu, nº de horas,…). Si fora moi relevante para o posto, os coñecementos de Idiomas ou de informática, pódese facer un apartado independente con eles, e deberase indicar en calquera dos casos o seu nivel ou grado de coñecemento.
- Datos de interese, nneste apartado pódense dar datos que non teñen un sitio nos anteriores e que nos, consideramos necesarios incluír para optar ao posto. Como por exemplo; dispoñibilidade horaria e xeográfica, coche propio, pertenza a unha asociación cultural, afeccións,…
- Obxetivo profesional, indispensable no curriculum funcional xunto co resumo do historial (resumo de coñecementos e aptitudes)
CLAVES PARA A ELABORACIÓN DUN CURRICULUM VITAE
- Estar feito en consonancia co dito na nosa carta de presentación na que nos damos a coñecer. Isto dará unha imaxe de coherencia nos documentos elaborados. Non se poden inventar feitos nin esaxeracións
- E sempre ter en conta o seguinte:
- a. Debe ser escrito a ordenador, a non ser que a empresa o solicite manuscrito, o que nos faría pensar que o vai a someter a un exame grafolóxico. Neste caso a letra debe ser clara e debe ir sen borróns, manchas ou correccións a man.
- b. É importantísimo que non se cometan faltas de ortografía.
- c. Debe ser remitido en papel orixinal e a poder ser de boa calidade, nunca fotocopias.
- d. Si son varias follas non as grampes, aínda non debe de exceder de dúas.
- e. Pódese incluír unha foto tamaño carné, que pode estar escaneada e sita na parte superior dereita da folla, aínda que non sería imprescindible a non ser que o solicite a empresa.
- f. Nunca leva a sinatura, aínda debe detallar o seu remate lugar e data.
- g. No caso de que envie o curriculum como resposta a un anuncio, sería conveniente darlle resposta no mesmo idioma.
- h. Garda sempre unha copia do currículo enviado coa carta de presentación na que podas ver a quén llo enviaches, e arquivala.
- i. A non ser que se solicite expresamente, non achegue copia de diplomas, certificados, cartas de referencia ,…/li>
- j. Non faga referencia a pretensións económicas.
- O currículo ten que xerar unha excelente impresión na persoa que o está a ler, polo que ten que estar feito en función do obxectivo que nos temos dentro desa empresa e tendo sempre en conta o destinatario elixido, xa que as persoas encargadas de facer unha primeira selección, polo xeral, non dedican mais dun minuto a cada currículo entre os moitos que reciben.
- Redactar un currículo implica votar unha vista atrás de todo o feito ata ese intre, co que debemos solicitar toda a información que poidamos recordar sobre nós, os nosos atributos e logros acadados.
- Despois hai que organizar esa información en función do posto o que optamos, e debe ser eliminado, todo aquilo que non ten nada que ver coa nosa meta, nese posto ó que queremos chega,r ou datos que non sexan de interese ó destinatario.
- A información solicitada e seleccionada temos que agrupala segundo distintos apartados como por exemplo; formación, postos ocupados, actividades extra curriculares o non lucrativas, actividades que nos gusten facer, ….Pense que si vai describir algunha afección este dato debe contribuír a reforzar a imaxe fronte ao lector, e teña en conta que non sexan contraproducentes. E xamais faga referencia a fracasos, suspensos ou despedimentos. Hai que procurar dalos datos con rigor e concretando o mais que se poida.
- Como xa indicamos o currículo, é como un anuncio para que o lector queira coñecelo persoalmente nunha entrevista e para o que hai que ter en conta os desexos dos interlocutores, e si se pode, ter información deles.
En resumo, é unha ferramenta de marketing proxectada de forma específica para o fin que lle vai a dar e a de ser competitivo.
