Outubro 2020
30/10/2020
ORDE do 15 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR351B).
27/10/2020
RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2020 pola que se amplían o orzamento, o prazo máximo de execución e o de presentación da solicitude de cobramento establecidos na Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).
26/10/2020
RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, convocadas pola Resolución do 17 de xuño de 2020, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento SI429A).
22/10/2020
RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2020 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.
19/10/2020