Decembro 2019
30/12/2019
RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se conceden as axudas da segunda edición do programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0, captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
26/12/2019
ORDE do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020.
12/12/2019
RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2019 (Diario Oficial de Galicia número 30, do 12 de febreiro).
11/12/2019
ORDE do 9 de decembro de 2019 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X).
10/12/2019