Febreiro 2014
Traballo apoia o emprendemento como “motor para a dinamización económica e a xeración de emprego”
O departamento autonómico investiu máis de 122 millóns de euros ao longo dos últimos catro anos para apoiar a actividade de 18.000 autónomos e emprendedores con diferentes liñas de axudas
Feijóo anuncia que o vindeiro xoves a Xunta aprobará o Plan de emprego xuvenil 2014-15 que mobilizará 100m€ para impulsar a formación, a contratación e o emprendemento entre os menores de 30 anos.
Explica que se trata dunha estratexia para facer fronte ás altas taxas de desemprego entre a mocidade galega, que beneficiará a 95.000 persoas.
Traballo blinda este ano con 63 millóns de euros a formación destinada a persoas desempregadas
Esta actuación acadou ata o de agora a sinatura dun total de 55 contratos para os que se investiron 160.000 euros.
curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.
O curso terá lugar do 24 ao 27 de marzo de 2014.
crease a Comisión Paritaria de Formación Local da Comunidade Autónoma de Galicia.
Outorga a competencia relativa á aprobación, seguimento e control na negociación dos plans de formación continua promovidos polas entidades locais e federación ou asociación de entidades locais.
Traballo crea unha canle de vídeos do cooperativismo galego para promover os seus produtos e servizos en Youtube
A devandita canle leva o nome das ‘Cooperativas de Galicia’ e pretende agrupar e dinamizar a videoteca do cooperativismo galego para facela accesible desde calquera dispositivo, en calquera punto xeográfico e en calquera momento
Procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, para á obtención de certificados de profesionalidade
Poderán acollerse aquelas empresas e centros de formación acreditados polo órgano competente
Publicada a convocatoria de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral,
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partires do día 23 de xaneiro de 2014