En virtude da implementación, seguimento e cumprimento do III Plan de Igualdade para Mulleres e Homes da FPGFT posto en marcha no ano 2020, na Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo desenvolvemos un Informe Diagnóstico a fin de avaliar o grao de implantación e consecución de obxectivos do plan.
Para a recollida de información que nos permitiu desenvolver unha análise detallada da situación sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, leváronse a cabo 3 accións:
- Obter información sobre aspectos cuantitativos da Fundación e do persoal desagregada por sexos, para coñecer a situación real e en función de iso poder decidir as acciones a implementar.
- Obter información sobre aspectos cualitativos en relación coas actuacións en distintas materias de xestión interna da Fundación, como: consulta de manuais de xestión, descrición de postos de traballo, revisar os documentos utilizados nos procesos de selección (ofertas de traballo).
- Sondar a opinión das persoas traballadoras a través dun cuestionario que se fai chegar a todo o persoal.
A continuación desenvolveuse a análise cuantitativa da normativa de aplicación, da distribución do persoal e das condicións laborais. Complementariamente, realizouse tamén a análise cualitativa do proceso de recrutamento e selección do persoal, de promoción e formación, de política salarial e retribución, de política social e conciliación da vida laboral e familiar, de comunicación e publicidade, e de prevención do acoso sexual e acoso por razón de sexo.
En adición, tamén se tivo en conta a opinión do persoal da fundación mediante un cuestionario.
Finalmente, cos resultados na man, o Informe de Diagnóstico conclúe que a Fundación é unha organización comprometida coa calidade e o benestar dos seus traballadores e traballadoras, destacando como puntos fortes da organización:
- O seu compromiso coa calidade e estabilidade no emprego
- A implantación de horarios razoables e a implementación de forma voluntaria de medidas de flexibilidade horaria
- A preocupación por incrementar as medidas de conciliación máis aló das reguladas na normativa de aplicación
Queres coñecer os detalles do proceso en maior profundidade? Accede aquí ó Informe de Diagnóstico do Plan de Igualdade para Mulleres e Homes da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo.
