A través deste cuestionario formalizarase a súa inscrición ao programa formativo
IMPULSA da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo.
DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: Luns 20 de marzo de 2023 ou ata completar aforo.
COÑECE O PROGRAMA:
DO 27 DE MARZO AO 12 de MAIO.
FORMACIÓN ONLINE CON XORNADA PRESENTACIÓN E ALMORZO NETWORKING
PRESENCIAL (1 DE ABRIL).
Formación deseñada para impulsar a mulleres entre 30 e 45+ anos con cualificación
media que teñan ganas de crecer, xerar cambios e empoderarse para seguir
mellorando persoal e profesionalmente.
É unha oportunidade formativa onde as participantes apoiadas por unha facilitadora
exploran, toman conciencia dunha demanda de cambio, atopan a súa resposta,
valídana mediante a práctica e comprométense persoalmente á súa posta en marcha.
IMPARTICIÓN DO PROGRAMA:
A formación será impartida por Eliana Oliveros, Formadora experiencial, Coach
certificada por ICF, Practitioner de Programación Neuro Lingüística, Economista e
motivadora de alto impacto. Especializada en procesos de cambio, xestión do talento,
comunicación, liderado e transformación de equipos. Atesora máis de 15 anos de
experiencia acompañando e formando a directivos, empresarios e comerciais de
empresas nacionais e multinacionais.
ACTIVIDADES DO PROGRAMA: Talleres online, masterclass, sesións networking
temático, xornada almorzo presencial de netwotking.
TEMÁTICAS:
Empoderamento e liderado feminino - autoliderado; claves para a mellora na
comunicación no ámbito profesional e persoal; PNL e intelixencia emocional; deseño
de obxectivos SMART e plan de acción. Xestión do estrés e mindfullness ; Benestar e
felicidade no traballo.
ESTRUCTURA DO PROGRAMA:
- TALLERES ONLINE ( 4 sesións online de 2 horas cada unha en 4 grupos de 25 persoas)
- MASTERCLASS ( 2 masterclass online de 2 horas cada unha para 100 persoas)
- NETWORKING TEMÁTICO ( 2 sesións online de networking online para 100 persoas)
- ***** SESIÓNS COACHING INDIVIDUAIS ( 4 sesións de 1,5 horas cada unha a 4 persoas)
- EVENTO PRESENTACIÓN /PONENCIA MOTIVACIONAL / ALMORZO
- NETWORKING ( evento presencial de 4 horas )
****Entre todas as asistentes o programa , sortearánse 4 sesións individuais de
coaching. Para iso , será requisito indispensable ter asistido a tódalas actividades do
programa : obradoiros, masterclass e networkings.